17 noviembre 2008

Inverno


O outro día facía frío e polo medio das árbores que vexo dende a fiestra da miña habitación a néboa baixaba do monte cara o val no que vivo. Camiño do traballo, no coche, escoitei un disco de Springsteen do que xa non me lembraba. Un disco triste que falaba do inverno.

Pola noite, cheguei tan borracho a casa que nese intre se tivese unha pistola estaría en todas as malditas portadas nos xornais do día seguinte. Abrín unha botella excelente, dun crianza do 2005, na penumbra da sala. O espíritu das uvas flotou por todo o espacio e tomei un trago, mentras lembraba, que cando o meu irmán e eu eramos pequenos, dobrábamos dende a cama as películas que vían os meus pais na sala. Dende a nosa habitación tan só víamos as imaxes do televisor gracias aos espellos das portas do armario e, para que negarlo, a unha casualidade que hoxe me fai amar o cine, pero non eramos quen de escoitar nada, así que cada un de nós escollía un personaxe e non tiñamos máis remedio que ir inventando o texto sobre a marcha. Son ese tipo de cousas que fas cando es un neno e non tes máis preocupacións que facer os malditos deberes para o día seguinte. Gustábame facer iso xunto ao meu irmán. As películas eran moito máis entretidas do que poden ser hoxe.

Seguín bebendo durante unha hora, lendo relatos na rede e mirando fotos de tías. Cando rematei a botella, apaguei a luz, quitei o sonido ao televisor e tireime no sofá a dobrar unha jodida película romántica. Chamei ao meu irmán por teléfono pero non estaba. Despois, durmín a mona…

22 comentarios:

Ra dijo...

Qué pena que no estuviese tu hermano.

Mua.

Bandini dijo...

podríamos vernos a mitad de camino, digamos en el condado de santa comba. tú llevas las copas y yo la botella.

días de vino.

X dijo...

É a vantaxe de que a súa única arma sexan as palabras, pode durmir a mona e logo seguir aquí para compartilo.
Hei de recoñecer que cando cultiva a súa faceta de poeta maldito lle saen cousas moi chulas.
Saúdos desde o exilio.

Suso Lista dijo...

Gustoume este texto moito. Borrachera e recordos dan moi ben.

Unknown dijo...

joder suso coincidimos no tema.... total

e parece que no estado de animo, ainda que eu trato de sonsacarme algo de optimismo, que si estuveramos cara a cara ou diante do radical menos libre, este diriache que son un puto cenizo, pero casi prefiro non imaxinar e tomote a palavra cando pases por aqui dille que me avise, polo menos compartir uns grolos e do resto que baco nos acolla no seu seno....

apertas

mariademallou dijo...

chi chin polo inverno e pola infancia
;)
vemonos prontiño e podes ir descorchando outra desas botelliñas

Raposo dijo...

O cinema e o alcohol sempre fixeron boa mestura coa noite.

torredebabel dijo...

unha maneira triste de lembrar cousas fermosas. Gústame o inverno. Mesmo sendo melancólico. Apertas dende o case-verán porteño!

Torreira dijo...

Carallo que forte está este LK...gostei,gostei.Apertas

Ari Schreiber dijo...

que grande eres!

Son Unha Xoaniña dijo...

Un xogo moi entretido e imaxinativo.
Eu que era moi teatreira, gustábame interpretar, inventaba os persoaxes e mais os diálogos, e non sei por qué o persoaxe inventado sempre tiña que cantar, moito me gustaba o de cantar.
Apertas.

leticia dijo...

Ese instante sin pistola es el que hace que cada trago de vino tenga sentido.

Me alegro de haber encontrado el infierno... Sobretodo a través de un texto como este, me gustó mucho. Volveré, seguro.

Un saludo.

A. Doinel dijo...

Eres mi héroe, compadre. La pistola se la pides a Papá Noel y (niños no leáis esto) después de cargártelo brindamos por cualquier cosa.
En el fondo ya está hecho: tus balas son las palabras (perdón por el barbarismo) y me gusta cuando disparas. Cada vez más.
Salud

El Gato Borracho dijo...

Hola soy el Hermano!
Que bueno eres cabrón, pero me preocupa tu nueva faceta de "viticultor"...las cosas se aprecian más con una buena compañera/o

TXARI dijo...

muito milhor as velhas películas em B/N onde abundaban os primeiros planos....sí eu tambén jogaba a joogs cos neus irmáns que já nom son o mesmo sem eles!

llll dijo...

joder, que novembro xa pasou, e xa chegou o inverno de verdade, e tes isto máis abandonado que o borracho de Bad Santa as súas boas intencións. veña, home, non fodas.

From Hell dijo...

é certo sara... pódeme o vicio e a miña parte máis vaga.
Pronto voltarei... de verdade.
saúde

llll dijo...

a parte de deixar o blog... tamén segues sen fumar?

Unknown dijo...

hay dias y dias
Suso alegrame el dia con unas palabras inconexas, o letras sin sentido, pero que al llegar aqui se note que estas vivo y sobre todo que el invierno abandono tu casa....
aprovechando que es virtual, que el otro ya nos persigue a diario.

apertas

Ra dijo...

Y Primavera?

R. A. dijo...

Escribe vostede coma un Bukovski que, en troques de a Mahler, escoitase a Robert Johnson ou a Hank Williams.
Parabéns.

Miska dijo...

I love beautiful autumn landscape. Mila Sta