01 marzo 2008

Planeando Alaska




Do filme este...
O Mellor: A fermosa Cate Blanchet
O Peor: o resto

Hoxe non foi un día tan malo como agardaba; non foi un día para botar foguetes, pero houboos moito peores.
A miña selección musical de hoxe no bar foi pouco creativa, pois doume por poñer no fío musical (odio os bares que teñen o puto cuarenta latino na tele) unha variedade de artistas mal encadrados: Ao Boss e os seu magnífico Nebraska, Toquinho, Molotov, Explosions in the Sky, The Strokes, Cole Porter, Smokie e creo que algo máis. O dito, algo raro.
E debía ser por iso polo que hoxe a xente viña algo máis rara do habitual.

Polo demais, siguo fumando, engordando, maldecindo e collendo as curvas sen pisar o freno...

Tamén estou planeando a miña futura viaxe Alaska, que por agora é unha idea estúpida, pois a miña conta está a menos 1.000.000.000 euros.
E sen dúbida, esta fuxida liberadora a terras frías e magnífcas, comezaría por
aquí e seguiría por aquí.
Mentras non poda ser, siguo soñando coa destrucción masiva destes edificios e odiando sempre que podo un anaco ao día.

Ala!... a ser felices por aí...

4 comentarios:

A. Doinel dijo...

Aun haciendo una selección musical tan rara, eres bueno tíooo (dígase con la voz española de Robert deNiro). Y cuando haya que volar por el puto aire los malditos CC (centros comerciales, no Coalición Canaria) hazme una perdida que yo llevo la trilita.
Salud

Ra dijo...

Ya sabe usted, Sr.FromHell, que de su hilo musical, no tengo queja.
Por lo demás, dicen que una vez al día es sano.
Abrazo

mariademallou dijo...

así que poñéndolle nebraska aos clientes....ti cres que están preparados para iso ?

bicos grandes!!!!

... dijo...

pois......eu tamén quero ir cara o norte, ou cara o sur ou o oeste ou e leste...xa non me importa...pero viaxe e aire.....

ánimo.bico.