09 diciembre 2007

De Bares. PARTE I


Para seguir poñéndovos ao día sobre estes meses que estiven desaparecido, comentarvos que agora teño un traballo novo dende onde vexo o mar bravío da costa da morte rompendo contra o dique de abrigo. Este traballo, como o anterior, é de cara ao público, aínda que é un pouco "especial". Penso que todos os que ledes isto de seguro que nalgunha ocasión traballástedes detrás dunha barra. Pois agora eu tamén.
Cada mañá érgome, collo o coche, e alónxome da ría para dirixirme, mar adentro, cara o océano que tamén baña as costas dos atardeceres de Long Island,N.Y Cando chego, despois de mexar, comeza a rutina de poñer cafés, infusións, chupitos de Ballantines, caña de herbas, licores cafés, Jack Daniels e demais botellería á fauna que transita esas mañás. Teño que contar que non me gusta falar da vida dos demais, pero é inebitable para contar a miña propia.
Teño clientes habituais do máis diverso. Un co que máis converso é un ex-heroinómano do norte de España que pasea de mañá e de tarde escoita vellos discos dos Suaves mentras recorda aquel pracer intenso do cabalo no seu corpo, non sen certa nostalxia. É un bó tipo, pero triste... moito.
Sempre mira no xornal que tempo fará mañá para saber se pode ir pasear. É a súa vida, a súa rutina. Deixeille un par de filmes para que non se aburra nas tardes na casa, pero só pode ver a televisión media hora seguida; a metadona acaba coa súa vista.
Outro dos que me visita a diario e toma dous cafés sós con unhas gotas de whisky, é un portador do virús do sida, ex-toxicómano tamén, e cun corazón que non lle cabe no peito. A súa maior ilusión é que lle baixe unha foto de Janis Joplin "do internete" para colgala na parede da súa casa, á beira dos centos de cadros que pinta nas intensas tardes de temporais e néboa que asobaian a pequena vila. Tamén é un bó tipo. O outro día contoume que nun concerto dos Rollins Stones, meteuse un chute nos lavabos mentras Jagger cantaba "Simpathy for the Devil". "Foi o mellor chute da miña vida", comentoume. Agora sae todas as mañás a pasear pola vila coa súa cadela mentras lle baixo a discografía completa dos Doors. Ten bó gusto músical, por iso tamén me cae ben.
Ademais deses dous, teño outro tipo de clientela: vellos mariñeiros retirados que me contan mil batallas perdidas contra o mar cando navegaban na mercante ou ían á Praia Nova a pescar os luns para retornar o sábado e gastar a paga en alcol e putas. Pásoo ben, naturalmente.
Non sei, hai máis claro... pero tamén hai máis días para escribir.
Chin-Chin...
Vémonos nos bares, sempre.

7 comentarios:

Bandini dijo...

Noooooorrmm.

saludos

TXARI dijo...

sr. hell dame que a súa calidade literária e humana verasse logho influida muito máis por issas persoagems peninsulares que nunca tiverom motivo pra cruzar i itsmo da cotidianidade...aproveite que o temporal deja , pois boas histórias...

mariademallou dijo...

aghora verémonos nese bar... digho eu. vai poñendo xeo a faser que xa falta pouco pra que vaia pra aí.
:)

X dijo...

Feliz ano.

Anónimo dijo...

Hello I just entered before I have to leave to the airport, it's been very nice to meet you, if you want here is the site I told you about where I type some stuff and make good money (I work from home): here it is

X dijo...

Segue por aí?
En fin, só quería saudalo, espero que todo lle vaia ben.

From Hell dijo...

sigo x aquí... pero con pouquísimo tempo nin para colgar... a roupa.
nun mes, agardo poder estar de novo en plena forma...
saúde a todos