03 octubre 2006

Un Luns Diferente

Onte tivemos unha tarde do máis "divertida",nesta vila onde vivo, chamada: "The Hell". Aqui case nunca pasa nada; pero en cuestión de dous meses padecemos tres das sete plagas bíblicas (agardo que non sexa por cagarme en cristo cen veces ao día). Primeiro foron os coñecidos incendios que sufriu toda galiza, e nesta vila multiplicados por dez. Despois, hai escasamente quince días, o furacán Gordon levouse entre outras moitas cousas, o tellado da miña casa. E onte... isto.

Comezou chover as dez da mañá e non parou ata as seis da tarde. Os expertos cifran a choiva en litros por metro cadrado. Eu digo que "choveu moito de dios". Dende o meu traballo comecei ver como o que era a estrada, en cuestión de vinte minutos, se convertía nunha fermosa rúa veneciana. A diferencia foi que en vez de góndolas flotando ao ritmo de Puccini, pois flotaban coches, contedores de lixo, casetas de obra, motocicletas, mochilas de nenos... e un longo ecétera de cousas. Eu nunca vira unha cousa desa magnitude. Pechei o negocio e saín á rúa. Estiven desprazándome entre auga e lodo durante horas, dun lado ao outro, botando unha man, tirándo fotos, falando cos coñecidos, observando os desperfectos... etc. Un luns diferente, iso si.
Chegada a noite xa non houbo moito que facer. Marchei para casa e mirei no telexornal o que hai unha hora padecéramos en directo. A televisión puxo unha distancia ficticia entre o terceiro onde vivo e a rúa.

Hoxe pola mañá, o sol reflectíase no lodo e iluminaba a catástrofe. Os reporteiros da televisión facían preguntas estúpidas aos veciños. Os bombeiros (que ironía) e protección civil intentaban arranxar os despefectos. Sacaban coches dos escapartes das tendas, achicaban a auga dos garaxes, das casas, dos negocios, limpaban o lodo das rúas...
Todo volta á normalidad pouco a pouco. Hai xente que perdeu todo o que tiña. Algunha desa xente dame moita pena. Outra non, non vou a negalo. Son un cabrón, aínda que non son un puto cabrón.
Agora é a hora de buscar culpables e pedir axudas económicas. ¿Culpables? Os incendios que devastaron os montes do redor e deixarono limpo e listo para que as fortes choivas arrastrasen todo ata a vila, que foi o que ocorreu. ¿As axudas económicas? Diso xa se ocuparan os de sempre...
O dito, un luns diferente, no que por unhas horas a natureza non entendeu de clases sociais e asi todos poidemos mollarnos xuntos baixo a mesma choiva.
En breve algunhas fotos.
Saúde e agua.

8 comentarios:

mariademallou dijo...

sempremontades as cousas divertidas cando eu non estou?! chamádeme para a próxima festa da camisola mollada oh!

X dijo...

Vin as imaxes onte pola tele, espero que non te prexudicase moito a cousa.
Estou segura de que nin sequera es un medio cabrón :P

Desorde dijo...

:) así q vostede vive nesa vila. eu tiven sorte, marchei dalí o luns pola mañán.
culpábeis: non vaias polo lado dos incendios, vai polo tema recheo, tema urbanización da cabeceira do río e a súa posterior canalización e soterramento. esto ten un enxeñeiro/arquitecto detrás e unha corporación municipal. pero este é un país de nenos, sen responsabilidades.

From Hell dijo...

xa desorde, é que a política urbanística desta vila é tan incrible que xa non merece a pena nin falar dela...

Ra dijo...

Te acompaño en la impotencia...estoy con desorde,mi pueblo,en Málaga,se inundó también por la "estudiada" idea de construir en cuencas,y alzar un paseo marítimo negando cualquier salida al mar.Además,siempre voy,por tradición, a Cee a buscar las lecturas que en Lira no encuentro,casi como segunda casa...ha tenido que ser horrible.Saludo,amigo.

llll dijo...

ánimo, e a tomalo con humor...

Mr Tichborne dijo...

Está aí o Paco Vásquez e convirte iso en reclamo turístico. Está ben que o relaciones co incendio, porque parece que o disfrazan de "catástrofe natural". E co cambio climático, engadiría eu. Imos todos á merda...

Roi DaSaraiba dijo...

Eu pirome de ahi pra non saer máis de vós e non facedes outra cousa que sair pola tele...
Vin a Rober limpado o Macrober... a iglesia... todo o pobo... eu tamén me entristezo por algúns, pero outros merecen cousas peores..