11 octubre 2006

De Rapazas e Riadas

Despois do tema das riadas, que pouco a pouco, vai pasando de moda, podo voltar á rutina neste infernal blog. Aínda que se queredes ver un video inédito (agardemos que sexa o último) podedes pinchar aquí.
Ben, para voltar á bendita rutina, nada mellor que unha recomendación cinematográfica para esta ponte que se achega e algún disfrutaredes e outros non o faremos.
O outro día aluguei (e imposible baixala da rede sen que apareza unha porno) este film da fotografía. Tiña poucas referencias sobre ela, pero o seu poster promocional xa me gustou.
A película en si, non é ningunha marabilla (vaia recomendación diredes) pero hai algo nese filme polo que vale a pena botarlle un ollo, e ese algo chámase
Ellen Page
A súa interpretación e tan marabillosa e impresiontante (dezaoito anos cando rodou a película) que quita o hipo. Poucas veces na vida vin interpretacións tan sinceras, hipnoticas e potentes como estas, e iso que vin moitísimas películas na miña vida.
Como dixen antes, o filme en si non é gran cousa; ten un guión inxenioso e algunha boa secuencia, pero tirando ao final, pérdese e flouxea. Ainda así, é entretida de ver.
Iso si, os que non vos pasedes a recomendación polos mismísimos e vexades o filme, quedaredes encantados coa interpretación desa fermosa actriz.
Nada máis... unha boa ponte e as copas sempre en alto.

6 comentarios:

mariademallou dijo...

grazas pola recomendación, a imaxe do cartel ten moi boa pinta, malia todo. agardo velos pronto. bicos e sorte.

Ra dijo...

Que chulada de cartel.Apunto la sugerencia, y aguardo la recomendación del experto para mis relecturas bukowskianas.Saludo!

Bandini dijo...

pero..¿se ven tetas?

From Hell dijo...

si, duas...

Desorde dijo...

eu vin a peli no cineuropa do ano pasado sen ter nin idea do q ía ver e a verdade é q flipei bastante. concordo en q a interpretacón da moziña corta.

Ra dijo...

Acabo de verla. Pedazo de actriz la nena.