26 mayo 2006

Anxos e Retretes

Hai un ano máis ou menos caeu nas miñas mans un libro, o cal non sabía que era un best-seller. Lino en tres ou catro días e pareceume unha chorrada moi mal escrita. Recoñezo que a historia enganchoume e certas cousas parecéronme orixinais, pero, repito, estaba tan mal escrito que pensei que un analfabeto estaba intentando convertirse en escritor. O libro en cuestión era "O Código Da Vinci" do carallo. Supoño que me ocorreu o mesmo que a dez millóns de persoas deste maldito planeta. Cousas que ocorren.
Onte, sen nada mellor que facer, un anxo e eu fomos ao cine (como outros dez ou quince ou vinte mil millóns de persoas no mundo) a ver a adaptación cinematográfica do libro en cuestión. Aos quince minutos de comezar a película, pensei que ostias estaría facendo Tom Hanks neses intres, mentras eu, e o meu anxo, viamos a sua infumable película. Cousas mellores, pensei; iso seguro.
A película é infumable, tediosa, infantil, estúpida, prepotente, falta de ritmo narrativo, tópica e tres millóns máis de adxetivos que non me apetece enumerar.
De todos os xeitos, rematei de ver a película e, mentras os meus concidadáns saían do cine, quedei a ver os créditos finais. Sen sorprenderme, na producción executiva atopei o nome de Dan Brown (o analfabeto escritor) e pensei que estaría facendo neses intres mentras eu vía os títulos de crédito do seu infumable proxecto. Soubeno de súpeto: estaba na súa casa da costa Este contando a morea de cartos que lle caben na caixa forte. Un tipo listo, pensei.

Hai un par de meses, caeu nas miñas mans outro libro do millonario señor Brown, chamado Anxos e Demos. Unha novela anterior ao Código. Tirena pola casa e alí estivo todo este tempo... ata onte. Tiven curiosidade de por qué a mala literatura vende e as cousas de calidade, púdrense nas estanterías das librerías. Non o sei a verdade, pero quero averigualo.
Sei que é dun masoquismo atroz, pero vou ler a novela esa dos Anxos e os Demos do carallo para intentar esclarecer a cuestión da relación entre as vendas e a calidade literaria. Un ao que lle gusta sufrir, pensaredes... pois si.

Unha cousa... como non creo que a novela teña a suficiencia calidade para meterse na miña cama, vouna ler a modo, moi a modo. Cada vez que visite o retrete, lerei unhas liñas escritas polo millonario señor Brown, e así, tal vez, poda cagar a gusto.
Saúde

5 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

pois sorte... coido que poderiamos facer unha nova desa "literatura" en laxante ou astrinxente. Se notas síntomas dunha embolia e se che anubra a vista, mellor déixao.

From Hell dijo...

tereino en conta pero de todos os xeitos correrei o risco...

TXARI dijo...

pois que caghes ben mentres recitas a brown á par que te caghas nel a berros...(milhor que tusir que é como evitan os senhoritos finos o totalmente natural ruído das flatulencias nos wateres púbicos)...por certo o da leitura... eu de ti cagaría milhor con miller: sexus, trópico....

Bandini dijo...

yo también me limpio el culo con las toallitas dodot es cojonudo..
en cuanto a lo del libro guardalo y lo quemamos en san juan, yo llevo uno de gironella...

mariademallou dijo...

vale, apúntome á queima de libros. e dado que a tentadora bibliografía da autoría de brown xa a escolleu o sr. hank eu pídome algunha xoia desas que leo ultimamente.