23 marzo 2006

Easy Riders, Raging Bulls


Dende hai tempo non dou atopado un libro de ficción que mereza a pena.Non é coña. Case todo o que se publica hoxe en día paréceme basura literaria. Historias estúpidas sobre xente absurda que non existe neste mundo. Non o soporto. Así que ultimamente paseime ao xénero... non sei como chamarlle... o xénero da realidade-cinematográfica-infundanda-absurda-recopilatoria. Poderíamos chamarlle así. Aínda que para ser máis exactos poderíamos chamarlle "libros de cine" ou "libros biográficos sobre cine". O último que merquei, carísimo por certo, foi "Easy Riders, Raging Bulls" ou o que é o mesmo: "Moteiros tranquilos, Touros salvaxes". Un percorrido biográfico polos directores de cine máis importante da época onde se facía cine arriscado e verdadeiro: os anos setenta. Sei que hai cine moi interesante noutras épocas e noutros países sen ser este, pero o caso do que falo agora son os anos setenta nos EE.UU.
O libro, dunha maneira novelada, conta as correrías (alucinante) de directores descoñecidos naqueles anos, e hoxe moi coñecidos, como: Francis Ford Coppola, Martin Scorsese, Bob Rafelson, George Lucas, Peter Bogdanovich, William Friedklin, Steven Spielberg, e un longo ecétera. Anos nos que estes tipos suspiraban por facer unha película antes de cumplir os trinta anos. Algúns o fixeron e triunfaron; outros algo máis tarde e non triunfaron tanto. Pero se había algo que os unía a todos era: a ilusión por facer cine-guerrilla aproveitandose dos grandes estudios, as drogas, os grandes guións, as festas, e sobre todo, os dólares.
Coppola antes de cumplir os trinta era millonario. E coma el, Spielberg, Lucas, etc...
Aí estivo a súa perdición. Case ningún deles voltou facer unha boa película despois de verse rodeado de dólares, grandes mansions en Beberly Hills, coches potentes e comida abundante.
Dín por aí que para facer cine hai que ter cartos. Non o discuto, pero penso que para facer cine o primeiro e ter ilusión e necesidade.
Se algún de vós quere saber algo máis do cine dos setenta, pode facer dúas cousas: quitar da carteira 25€ e mercar o libro, ou case mellor, ver as grandes películas que se fixeron neses anos. A lista e longa e marabillosa: French Connection, Tiburón, American Graffiti, Malas Calles, Taxi Driver, The Godfather, Apocalypse Now, Easy Rider, The last Movie... ect..
Xa sabedes: Un pantalón de pata de elefante, colares de contas de cores, e a disfrutar de bó cine.
Non é un consello, é unha orde.
Saúde

4 comentarios:

... dijo...

ó cine ten unha forza increíble de adicción e moitos efectos secundarios nas nosas vidas casi-reais. Pero o dos libros é mais difícil, hai moitos, sí, pero non é doado atopar os que valen a pena, pasa como coas personas. aperta.

Scanix O Celta dijo...

Ñak ñak ñak, por fin has vuelto y con grandes consejos, decirte que segui los dos ultimos que me diste: pirate y comprar a Salinger, Kerouac y Bukowski.

PD A donde me voy tambien existe el internet, pero tengo miedo que los teclados no sean "qwerty" y que sean "acerty" o algo peor, pronto nos veremos.

Mr Tichborne dijo...

Grandes filmes e, de banda sonora, grande rocanrol o que había nesa época.

Roi DaSaraiba dijo...

Encantado de que estes de volta pola rede. Moi boa pintiña ten ese libro.

sAlú