02 febrero 2006

Fear & Loathing in L.A


Chegaron as nominacións ós Oscars do país das marabillas. Todo o mundo dí que os Oscars lle importan un carallo, pero despois nas colas dos cines escoitas: "imos ver esa, que levou vintetrés oscars". Estúpidos humanos.
A mín gústanme os Oscars. Atráeme a idea de ver tanto e tanta xente estúpida paseando por unha alfombra vermella e sorrindo. Tipos esmoquin e fulanas de tiros longos erguendo a man e saúdando ós mortais que tiran mil fotos por segundo cos seus teléfonos móbiles. É un fermoso espectáculo. Divino diria eu.
Falando estrictamente das películas, penso que esta edición vai ser unha das máis interesantes. Tamén é verdade que faltan películas moi boas nesa lista: Match Point, A history of violence, Broken flowers... etc. Pero aínda así hai algunha nominación que me parece moi axeitada.
De todas as películas, quédome sen dúbida con Crash; fime coral e violento sobre o ir e vir de varios personaxes pola cidade dos Ánxeles (non en brión, senón en California). Ten varias nominaciones, entre elas, mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor secundario (Matt Dillon) e algunha máis. Alégrame sobre todo por Matt Dillon, actor difícil que non sempre elixe grandes proxectos Ultimamente lin unhas declaracións súas nas que dicía:"Non teño unha lexión de avogados, non estou obsesionado pola forma física, non me interesan os megataquillazos sen fondo... e non pertenzo a ningunha secta. Prefiro ler libros, levar unha vida privada, saír cos amigos, escoitar música, abandoar a relixión, ver baloncesto e facer filmes como Crash. Gañar cartos non me intersa, non son Tom Cruise".
Se isto que dixo, é certo, pois chapeau por el. Un gran tipo sen dúbida. Aínda por riba, na súa última película "Factotum" métese na pel do gran Charles Bukowski. E na súa boca:"Considero que estiven preparándome 27 anos para este papel. Bukowski foi unha das miñas lecturas de cabecera. Devorei a súa obra e me fascinou a brutalidade iconoclasta e o humor".
Un bó actor. Que teña sorte e se pensa así, en vez de entrar no Kodak Teather pola alfombra vermella que entre pola porta dos servicios, como todos os perdedores do mundo.
Xa veremos o cinco de marzo.
...and the oscar go to...

6 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Coincido contigo en que si Matt Dillon piensa así deberia entrar por la puerta de servicio, que se merece el oscar por Crush y que haber si le sale bien "Factotum" y lo vemos en una gran actuacion. Haber lo que sucede....

Bandini dijo...

y de Capote qué me dices, ¿ ya la viste, la echaron ya o todavía estoy a tiempo..? acabo de enterarme de que hay esta película...

mariademallou dijo...

se pensa así que entre pola porta pequena coma toda a xente común. e que fagha cola para coller entrada co carné xove.
onte vin brokeback mountain e é unha gran película.gustoume ben.

Mr Tichborne dijo...

Pois non me tiña boa pinta, pero se ma aconsellas ireina ver. Como me fagas estrajar 6 eypos vouvos facer crash co lombo, que sei onde vivides ;D

From Hell dijo...

tranqui mr tichborne que che vai gustar xa verás, senón douche eu os 6 pavos..

Bandini dijo...

ya también vi ayer la de los vaqueros gays, y me pareció una obra mayor, pero muy mayor de dios...