14 noviembre 2005

Un Cuarto de Terrorismo con Queixo


Fai tres días, sen nada mellor que facer, boteille comida ó gato, fixen café e acendín un cigarro. Tireime no sofá da miña casa e acendín tamén ese aparato negro con altavoces que teño no moble. O televisor. Como é costume non botaban nada que merecera a pena ver; nada máis que grandes hermanos retrasados mentais fillos dunha puta... ou tertulias sobre máis subnormales da selva madrileña plagada de máis subnormais... ou folletíns novelados sudamericanos sobre familias de subnormais profundos con ranchos e cabalos... ou estupideces varias nas que falan e falan e non din nada.
Gracias a deus, o cabrón de Polanco bendeciunos co satélite e, aínda que tampouco é ningunha marabilla, de vez en cando botan algunha cousa que se pode ver. E ese foi o caso. En canal plus (ultra) botaban o magnífico documental Super Size Me. Un manifesto contra as cadeas de comida rápida en Norteamérica: McDonals (ou a grande M), Burguer King, Wendy’s, Taco Bell e outras cadeas terroristas-alimentarias no país dos obesos. Nos cinco primeiros minutos do documental, xa tiven gañas de botar a pota nove veces. O tipo en cuestión, un home de constitución delgada, boa saúde e vexetariano, fai unha estricta dieta durante un mes, tan só alimentándose nos McDonals. Como podedes imaxinar os resultados foron alarmantes. Almorzaba, comía e ceaba nun McDonals. Nun mes engordou unha barbaridade, o colesterol subiulle á cabeza, o corazón converteuse nunha uva pasa, a sua respiración e a tensión comezaron a fallarlle... e moitas máis cousas. Non tivo que dicir moito máis, os resultados estaban de corpo presente.
Cada vez teño máis claro que os terroristas non se agochan nas covas de Afganistán, nin en Pakistán nin en ningún outro país rematado en –tán. Os verdadeiros terroristas da nove orde mundial agóchanse baixo grandes edificios cos seus nomes escritos en neón: McDonals, Philip Morris, Telefónica, Bayer, Repsol, Nike, Adidas, Enron, Burguer King... e moitísimas compañías máis.
Os culpables, aínda que soe a tópico, somos nós, que tragamos con todo.
Eu polo menos a partir de hoxe, deixarei de tragar... e comezarei por deixar de tragar hamburguesas. Bó proveito a todos.

6 comentarios:

From Hell dijo...

Xa sabes tio, aínda estamos a tempo de montar o T.F.M...
(Tipos Fartos das Multinacionais)
trabucos, pedras e moita mala ostia, iso é o que precisamos. Avogado do Diaño xa me dixo que se apuntaba.

Mr Tichborne dijo...

Boeno, de todos xeitos cando te metes unha hamburguesa (ou un ducados ou un cubata garrafeiro) xa sabe-lo que hai... Quédome coas racións de zorza e raxo. Pero para atentado, a mascota esa que se gastan os da M: ese pallaso arrepiante que fai parecer ó de It (St.King) a Teresa de Calcuta. Entroume a fame, vou suicidarme ó Burriking

TXARI dijo...

máis que deijar de militar simplemente, sería convinte consumir responsablemente e se nom hâ produtos responsables crealos ou ajudar a crealos...cando as multinacionais entran pola porta a dignidade e a honradez liscan pola fiestra...

Scanix O Celta dijo...

Observo que la llama cada día se aviva más. Al final acabaremos haciendo algo de aquello que hablamos. Yo no creo que me arrepintiese, siempre tuve ganas de ver una iglesia ardiendo y ahora de ver un Burriking.

mariademallou dijo...

eu tamén me apunto a esa liga terrorista e quero introducir a cafetería da facul na lista! estou ata o carallo de ver poder ver a paisaxe a través das lonchas de xamón do bocata... é a barra de pan máis cara que comín na miña vida.
a telefónica nin ma mentes, que sabes que me poño mala. un día vou a madrí e quéimolle as oficinas!
vémonos pronto, un saúdo.

TXARI dijo...

ánimo, e de queimar sejir queimando a costa da morte enteira antes de vela destruir-se nas mans de florentino perez, fadesas e im-postores do feismo urbanístico...únome á queima...(começamos ardendo sée que daí a corcubióm pouco hâ de tardar em propajarse o lume)...respetando sempre o monte eh! so casas e urbanizazomsfeias!!!