23 agosto 2005

Finais de Agosto... Finais do Imperio

Foi moita festa de dios... en serio que si. Realmente aínda non me repusen de todo, de tantos e tantos litros de barceló; de tantas conversas estúpidas ata altísimas horas da madrugada; de tantas comidas de sobremesas de once horas... e de moitas cousas máis. Agora xa pronto remata o verán e hai cousas que botarei de menos: Botarei de menos as terrazas empapadas de cervexa fría baixo o sol do mediodía... as fotos iluminadas no solpor xunto a alemáns-peruanos de grata conversa... os diálogos traducidos ao inglés, ao español, ao galego e a todos os idiomas que pasaron por diante dos nosos ollos; os amigos que xa marchan, ao exilio anglófono uns, e á vella compostela casatlántica; e moitas cousas máis que o meu corazón enfermo botará de menos no vasto deserto do inverno.
De todas maneiras, hai moitas cousas deste verán que non botarei para nada en falta, é máis, agradezo moito que abandonen estas terras queimadas. E de todas esas cousas, a que menos botarei en falta será a esa raza que todos os agostos acampa, arrasa, envenena esta costa da morte: Os Madrileños. Por fin as hordas de familias centro peninsulares marcharán e voltaran as súas miserables vidas de Gran Vía, porras e café, Santiago Benabeú, Las Ventas, tráfico, PP, boulevares, Jose Luis Moreno presenta... etc.
Cousas que nunca botarei de menos... vendo sobre todo as barbaridades urbanísticas que están a facer en fermosos e salvaxes lugares como Fisterra, Corcubión, Carnota. Auténticas monstruosidades de cemento onde pasar o mes de agosto e retozar como animais de selva.
Bon Vouyage... a todos...ide a modo e non volvades máis.
Seguirei aquí resistindo algúns meses máis.
saúdos

10 comentarios:

mariademallou dijo...

ben dito. enténdase que para ser madrileño non fai falla ser de madrí. madrileño é todo aquel que levas a ver un sitio precioso, poñamos por caso o cabo touriñan, e o primeiro que che din é : " ai, que sitio más bonito! y luego una casita aquí?!"
alacráns...deixaos ir...

From Hell dijo...

agradécense os vosos comentarios sarcásticos... e todo o demais
saúdos

Scanix O Celta dijo...

No sé por que te pones asin con los mandrileños, casi son peor los "emijantres" gallegos afincados por el resto de Hispania que de repente se les "esquence el jallejo" y a pesar de tener la casita de la abuela en su aldea se compran esos monstruos de hormigon. Tendriamos que comprarnos nosotros un adosado en medio del Santy Berna o en la Giralda's Place.

Un beso homosexual (que eso tambien esta de moda)

Olves dijo...

Je, je, je!
Xa entendin.
Ou sexa que un madrileño é un fode-xinxos.

TXARI dijo...

marchan os madrilenhos coa súa ansia repoboadora de espacios irrepoboables, marchan os suísos cos seus coches-museu-de-lo-que -se llevó, e os cataláns coas súas calculadoras calcula-céntimos...quedanos os pelejríns que chejam a pinjas para camiñar, chejar, olhar, façer que meditan no cabo fisterra e dar volta...e quedamos os que nom podemos marchar...

Olves dijo...

Pero queredes marchar ou non? Porque teño a impresión de que estades a gusto na Galiza.

TXARI dijo...

imposible marchar dum lugar se o levas contigo a todas partes todo o día (e nuite...e tarde tamén)para o bo e para o menos bo...

From Hell dijo...

a verdade é que si; a maioria das veces imos a misa, queimamos montes, votamos ó PP, e mollamos o cú en... Riazor, mellor que en Samil gracias.

Roberto Iza Valdés dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Roberto Iza Valdés dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.