14 julio 2005

MISERABLES

Ando pola casa perdido
coma unha alma acostumada,
e cada vez todo é máis estrano...

A barba chégame ao peito
e enrédase como un soño estúpido
do que non podo sair.

Suspiro e miro polo patio
as intimidades dos meus veciños.
bragas
spaguettis
couldinas
colgan da trandeira
da miña comunidade...

entristéceme o mundo
entristéceme as miserias do mundo

SOMOS MISERABLES
SOMOS MISERABLES

4 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Pero moi moi miserables.

Saude e forza pra aguantar

mariademallou dijo...

pero que ben o pasamos queixándonos xuntos...
precioso poema.
débeme vostede un café

TXARI dijo...

dicia o meu avó que o melhor contra a tristesa de mundo é o Jameson, que deso saben muito os irlandeses, pola contra se de selebrar é o asunto...larghalhe un Yac daniels que de aleghrias sen motivo saben máis cara o oeste...

mariademallou dijo...

perdónme vostede e a súa encantadora compañeira pola fuxida rápida que me impediu a cena que tiñamos planificada. volverei para cobrala e sobrarán días de verán para iso e máis. bicos