18 marzo 2005

Waiting For The Sun (O peso da alma)


Hoxe parece que o sol saiu para renovar as nosas enfermizas almas... e iso está ben. Hoxe, aproveitando a saída do sol podería ter aproveitado e darme unha ducha xa pola mañá cedo; despois podería terme barbeado finamente e botarme un bó perfume polo corpo; tamén debería ter elexido unha boa roupa acorde co bonito día... por exemplo uns finos pantalóns de verán cor terra, unha camisa clara que deixara transpirar os raios do sol e para rematar un calzado elegante e primaveral que me levara a preciosas terras de ensoño.
Evidentemente non fixen nada diso. Levanteime da cama á mesma maldita hora de sempre e evitei con moita cabeza a ducha, o perfume e as prendas primaverais. Hoxe non é o día. Aínda sigo agardando polo sol como dicía a canción.
Penso que debaixo de cada raio do astro sol aínda se agochan moitas miserias que resolver. O inferno aínda é un fogar do que non podo fuxir tan facilmente como querería. As cousas son así e non hai máis voltas que darlle.
Seguirei agardando polo sol mentras observo aos franquistas sair de novo ás rúas a protestar polo de sempre... agardando mentres os que me rodean intentan arranxar os seus propios infernos... agardando ata que os horarios dos bares cheguen ata a saída do sol... agardando que atrás de cada curruncho haxa un mínimo de esperanza para os perdedores de todos os días... agardando que cada noite traia unha nova sorpresa agochada nas costas... agardando que estes escalofríos de ver como se move o mundo saían de min ao espertar... agardando a que cada día soporte novamente o peso das nosas almas.
En fín que seguirei agardando polo sol mentras este inverno de farmacias e barras de bar continue incustrado nos meus osos.
Sin fin ata o fondo...

2 comentarios:

mariademallou dijo...

ánimo señor hank, o verán chegará despois de abril para sorprendernos.

Scanix O Celta dijo...

meu fratello, debes reposar a cabeza nunha mesa e ir mollar os pes a un rio, ou fai coma min e vai nadar un ratiño

pd: santo diaño ¿¿señor hank?? menos mal que as veces o meu cerebro vai por libre e navega un pouquiño. casi que vos parecedes.