01 marzo 2005

Moscow - Fisterra


Se hai algo máis divertido que coller unha boa patena un sábado pola noite, é ver a dous escritores pelexar ou discutir en público. Iso mátame, en serio que si.
E nesta historia da literatura galega hai moitas envexas, malas caras ou caras de cona, etc. E é por iso polo que hoxe estou contento, porque dende esta zona miserable na que habito sempre saen cousas boas, e iso ponme de bó humor e fai que o pequeno e perverso odio que teño á humanidade quede postrado durante cinco minutos.
Alégrome que a rapaza que sabe escribir nas pedras, a que coñece o que é liar poemas debaixo das barras dos bares, a que escupe á lua dende o alto do perigo... a que fai todas esas cousas poida compartir os seus versos con esas persoas que viven enquistados na neve. Alégrome, e iso hoxe en día xa é moito.
Noraboa Berlina... chin-chin co mellor ron da miña reserva especial.

2 comentarios:

mariademallou dijo...

e eu alégrome tamén, e de que foses ti quen me dese a nova, e de que chamase meu pai, e despois miña nai moito máis sorprendidos e orgullosos ca min...un bico dende a máis profunda neve...

diablito dijo...

santo petrov!!!!

esta noticia es fabulosa!!!!

vodka seco, ivan!!...esto hay que celebrarlo!

d.