09 diciembre 2005

The Heart of Saturday Night



Saes a rúa cos puños pechados e a esperanza no estómago. Os teus ollos brilan no escuro da noite e entras no primeiro local aberto. Tom Waits deixa sair da súa boca os versos de The heart of Saturday night, e ti miras como as palabras flotan polo bar mentras saboreas un Johnny Walker con xeo. A camareira limpa vasos cun pano noxento e acendes un cigarro. A noite móvese e os teus pés andan ó son das palabras do vello compositor. Ti non te podes mover. Ti estás atado á barra como un condenado máis. Fas un último esforzo e érgueste do taburete. Saes do local e camiñas pola rúa. Un coche pasa a grande velocidade e deixa sair do interior os versos de The Spy de The Doors. O coche segue o seu camiño e ti atrapas os últimos versos coa boca: " I’m the spy in the house of love...". Ti xa non es un espía, ti xa non es nada que merezca a pena.
Entras noutro local, o segundo que atopas no teu camiño. Apretas os puños e suspiras como unha alma en pena. O local ten máis xente da que ti pensabas, pero aínda así entras igualmente e rozáste contra as demais almas. Dos altavoces saen cuspidas as notas de Stairway to Heaven dos Led Zeppelin. Pensas que Jimmy Page sabia o que se facía. Pensas nos anos setenta. Pensas no pasado. Pides un vodka con limón e deixas de pensar, tan so imaxinas. Imaxínaste nun Londres proletario dos anos setenta e ti como un estúpido máis tamén tocas rock & roll en cada esquina do mundo. Senteste grande. Senteste inmenso como o mundo e bailas co teu vodka no centro da pista... no centro do mundo.
A noite móvese e ti móveste con ela. Volves a estar na rúa cos puños pechados e aínda a esperanza no estómago entre whisky e vodka. Outro coche solta poemas das rodas e acelera levándose consigo o Dirty Boulevard de Lou Reed. Un cabrón pensas, gústache esa canción.
A noite móvese e ti buscas outro local para saciar o estómago e paralizar os pensamentos, os malditos pensamentos. A tua cabeza sempre esta a soltar pensamentos estúpidos minuto tras minuto, hora tras hora, día tras día. Así toda unha vida.
Entras no local da fin da noite. Un marabilloso antro de perdición. Típico, tópico?... si, pero real. Hai máis xente que na Alemania nazi desfilando polas rúas fascistas. Arrasas con todo mentras Zack de la Rocha de Rage Agaisnt the machine berrea Bulls on Parade. Ti tamén berreas, pero de diferente maneira. Saltas, bailas e bebes; fumas e tocas, suspiras e esvaras. Caes ó chan. Sempre rematas igual... no chan. Todos os días no chan. Arrástraste ata a saída e quedas tirado na rúa. Pasan coches e xente que observa a tua cabeza etílica dar voltas. Din algo, pero ti non logras escoitalos. Na túa cabeza Jim Morrison esta a cantar os versos de The End.... ¿sabes?... "This is the end... this is the end, my friend... this is the fuckin end... "
Pechas os ollos e escoitas o corazón do sábado noite. Como no principio. Como no final da noite. Como todo.

6 comentarios:

Bandini dijo...

el mejor villancico para borrachos de esta navidad.

From Hell dijo...

gracias polo verso Bandini... pero... pregúntale al polvo

From Hell dijo...

desgraciadamente na miña cabeza. Aínda así estás invitado!!!

Scanix O Celta dijo...

Ya me parecia a mi que locales de esos no habia a este lado del rio bravo. me ha gustado mucho. Haber si un dia de estos lo hacemos realidad.

From Hell dijo...

Yo lo hago realidad todos los sábados, lo malo que es al ritmo de Melendi, el Reggetón y la madre que los parió a todos...

Mr Tichborne dijo...

Vaia, que decepción... xa ía empadroarme en Sée para ir a locais con música tan guapa. E non, reghetón e melendi, coma sempre, como aquí. Gracias por este revaival setenteiro. This is not the end, my friend, it's the origin of symmetry (pirateeino hai pouco). Saúde.