17 noviembre 2005

Fear & Loathing


Si exactamente
iso é... medo e
asco.


Sempre quixen ter unha pistola dourada
como o ceo agochándose nas rúas de Brooklyn.
Sempre quixer ter enimigos ós que disparar todas as balas.
Balear un imperio.


De pequeno traballei nunha fábrica.
De pequeno traballei moitísimo nunha fábrica...
facíamos desgracias e angustias que vendíamos ó maior...
ó maior cabrón que as quixera mercar.
Nunca o comentei, pero eu roubei desgracias e angustias

que aínda conservo... como peixe, en latas de conserva.

Aínda é hoxe o día no que quero ter unha pistola dourada
como o ceo agochándose nas rúas de Brooklyn.
Aínda é hoxe en día no que quero balear un imperio.


Iso é
medo e asco...
como en todas as fábricas
exactamente...

véndeme amor as tuas angustias
e eu trocareinas por todas as balas
que servan para balear ós imperios.


medo e asco
medo e asco
medo e asco
baixo calqueira ceo do mundo.


medo e asco
e todo o demais.

5 comentarios:

TXARI dijo...

iso é soltar os medos e projectar os ascos...a ira canaliçaçe nom reprimindo esas pequenas coisas que um debería calarse...as pistolas, milhor para os pistoleros...a min vanme máis as catanhas ou os coitelo de supervivençia tipo rambo...

From Hell dijo...

a min vanme máis as pistolas porque así non teño que ensuciar as mans. Elegante e fino que é un :-)

Scanix O Celta dijo...

Gostame moito a idea da pistola, pero mais un rifle mais que nada polo feito de ser rapido, limpo e sinxelo. E por que os cobardes coma min temos que disparar a distancia, odio a cara da xente cando teñen un arma diante dos fuciños

From Hell dijo...

gracias david polo piropo... chamarei a tom waits por se se presta.
saúdos.
P.d o próximo día que vaia á coru pégoche un toque.

Mr Tichborne dijo...

As pistolas son de covardes, pero curiosamente o medo e o noxo non... Estou dacordo, sabe a Waits ou ós Doors...

E grazas por falar de Ningures no teu último post. De verdade.
Medo, noxo e rock and roll!