21 noviembre 2005

CURTAMETRAXE
Título: CIDADE PROFUNDA
Duración: 2"
Xénero: DRAMA (por suposto)


INTERIOR. BAR. NOITE
O local é un verdadeiro antro de perdición... sombrío, lixado, cheirento; nas mesas un par de prostitutas fuman aburridamente mentras len revistas de moda. Nunha esquina do local hai un billar onde dous homes corpulentos xogan unha partida... os dous xogan bastante mal. Na barra, unha muller bebe un bourbon e fuma pensativa mirándose no espello que hai atrás das botellas. Eu sento ao lado da muller e pido un vodka ao camareiro; acendo un cigarro, aspiro o fume e despois bótoo con moita clase. A muller mírame de arriba abaixo e segue no seu trance nocturno. Eu miro para ela...
-¿Queres tomar algo preciosa?
-¿?
-¿Un whisky tal vez?
-Está ben...
O camareiro, un tipo baixiño e feo coma o demo, sirvelle un whisky á muller e a mín outro vodka. Ela acende outro cigarro (literalmente... ¡está fumando dous cigarros á vez!)
-¿Ti non es desta cidade verdade?
-¿Eu? – cuestiónome –. Pois non, pero vivo aquí... nas aforas. E ti... ¿vives na cidade?
-Si claro...
-¿E traballas aquí? – pregúntolle.
-¿Na cidade?
-Non, no bar.
-Si, tamén traballo no bar – dime ela.
-¿E de qué traballas?
-Son relacións públicas... animo á xente a que o pase ben neste sitio... fago que consuman máis do que tiñan pensado, ¿sabes?
-Iso está ben – dígolle.
-Si.
-¿Estás de coña verdade?
-Si.
-¿Qué es unha prostituta? – pregúntolle.
-Non por deus... ¡estás tolo!. ¿Acaso teñoche pinta de ser unha prostituta?
-Si... realmente si.
-Pois non son prostituta... son... son dependienta.
-¿De qué?
-Vendo zapatos
-¿Es zapateira?
-Son
-¿E de onde es?
-¿Cómo?
-¿En qué país naciches?
-¡Ah!... nacín en Porto Rico
-Es portorriqueña... unha zapateira portoriqueña
-Exacto.
-Iso está ben... ¿queres ir a dar un paseo de noite de luns?
-Por suposto.
Os dous saen do local e pasean certo tempo pola cidade. Rematan o seu paseo no parque. Sentan nun banco baixo os ameneiros e preto do río. Collense as mans e míranse aos ollos. Bícanse.
-¿Cómo te chamas?... acabome de decatar que non che preguntei o teu nome...
-Laura, chámome Laura Bush...

FIN

3 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Anda con tino, ó final esa xurela vaiche facer mal, lembra o que che pasou con Anita Aznar, ti dous días chorando vendo o vídeo da voda do Escorial... Non aprendes!
Bonito texto. Esa curtametraxe ten que estar en branco e negro, en plan Bogart ou Delon.

TXARI dijo...

para variar coincido plenamente nas observaçoms de satine,mais no de que hai bos médicos...así, así... pol demáis moi bo comezo...

Scanix O Celta dijo...

Yo si me depilo puedo parederme a Laura, triste pero cierto. Muy buen guion, ya te contaré un mini proyecto que tengo...

salud