12 agosto 2005

The Junquera's Party


Outro ano máis chegan os tediosos días das festas da xunqueira. Todos os habitantes deste poblao deberíamos sentirnos honrados e dispostos a honrar a señora esa que apareceu de entre os xuncos (a saber que carallo estaba facendo alí... nada bó supoño). Pero se teño que ser sincero a verdade é que puta gracia me fai estes días... e explícome: No meu caso teño que traballar máis que ningún dos outros días do ano; tes que comer coa familia e facer sobremesa que no mellor dos casos durará trinta e seis horas, tomando cafés, licores, fumando e observando como o vello da familia durme enriba da mesa. Á hora de sair pola noite é peor; os bares están masificados de anormais chegados dos recantos máis perdidos da xeografía da costa da morte; acampan nun bar (preto da barra) e ocupan o espazo para que ti non podas chegar a pedir unha copa nin de coña. Por iso nas festas sempre nos decantamos polo nobre arte do "botellón".
Así estamos... ademais, este ano no cartel das festas aparte da imaxe da virxe da xunqueira, puxeron outra imaxe máis... un tipo, quero dicir un santo... non sei quén é, pero de seguro que nada bó fixo tampouco.
O mercores remata todo...agardo seguir vivo para ese día.
saúdos

5 comentarios:

From Hell dijo...

sobre todo las misas... aunque llevo 13 años sin pisar una iglesia. Y que sean muchos más!!!

mariademallou dijo...

sempre nos queda o consolo de facer como pasadas edicións do evento e ir beber a corcubión, que neses días está máis tranquilo e podese ver a mellor vista de cee dende o porto. así de paso controlamos se os fogos de artificio queiman o lugar ou se salva polos pelos coma todos os anos.
pd:onde facemos o botellón?

From Hell dijo...

botellón=rúa
agardo que a tua cuestión fora respostada acertadamente

edu dijo...

deberiades facer coma min: se hai festas ao nordés, saír correndo en dirección surleste.

que vos fose leve.

TXARI dijo...

oes e o consertaço de malú como acabou? praça do mercado petada ou as catro crías de nécora que acababan de descubrir o que era o rímel?