08 agosto 2005

Espertando


Cando era pequeno, aínda non tiña bigote nin angustias, quería ser un gran arqueólogo; e quería ser arqueólogo por que vira Indiana Jones e eu quería ser como el. Correr grandes aventuras polas selvas, desertos e océanos do mundo. Bicar ás mulleres máis fermosas e matar aos tipos máis despreciables.
Pero iso foi durante algún tempo, pois máis adiante cando me comezou a sair algo de pelo enriba do beizo superior, xa non quería ser arqueólogo. O meu novo soño era ser ladrón de bancos ou estafador. Vira varias cintas sobre ladróns de bancos, que tiñan moita clase e vestían traxes caros. Entraban elegantemente nas sucursais, e sen manchar a garavata levaban medio millón e marchaban xunto a sua moza, que o agardaba bebendo daiquiris na piscina do motel de turno. Unha boa vida pensaba eu.

Pasados algúns anos, despois de pensar seriamente en dedicarme a diversos e variados oficios de película tipo: superheroe, pastor baptista, promotor musical, xornalista, investigador privado e moitas cousas máis, comprendín que o que realmente me gustaría ser era director de cine, ou novelista, ou contacontos ou algun oficio no que poidera ser todas esas cousas imposibles e así poder vivir as aventuras que me viñeran á cabeza. Estupideces e máis estupideces

Anos despois de todo iso, xa con bigote e angustias e medos, podo comprender que nada diso é tan sinxelo nin tan apaixoante.
Agora tan só pretendo ser unha boa persoa (que xa é complicado) e darlle importancia as cousas que verdadeiramente teñen importancia: Unha taza de café, un poema, un cigarro camel, unha boa canción, un bico, un sorriso no atardecer, as estrelas no bosque, un combinado de ron ao amencer...
todas esas cousas que che entran no corpo e fan cambiar a percepción que tiñas do mundo ata ese intre.
Algúns sabedes de que falo... outros non. Pero é mellor así. Erguerse cada mañá para traballar é a cousa máis dura que farei na vida... nesta vida.

8 comentarios:

From Hell dijo...

se agradece...
torero es lo peor sin duda alguna...

From Hell dijo...

tambien se agradecen mucho sus palabras maestro Rubín...
nos veremos pronto y brindaremos

From Hell dijo...

joer... la verdad gon es que eso es muuuu pero que mu triste. siempre hay que recordar (por las razones que sean) de lo que queríamos ser de pequeños. Y rianxo se convertira en el pueblo más emocionante del mundo cuando vayamos nosotros a emborracharnos allí.
saúdos y abrazos
p.d de todas formas ¿te acuerdas cuando teníamos nuestra agencia de detectives? pues eso

TXARI dijo...

joder, debía estar jalisia chea de detectives pq nós tinhamos uma e aínda a refundimos coa competençía da plaça do lado!!!!!!!!!!!

TXARI dijo...

lembrança importante: cobrabamos en canicas, e nom açeptabamos devoluçoms

From Hell dijo...

Gon en Rianxo? Pois currar basicamente... vendendo pisos ós madrileños economicamente saudables.

xa vexo que todo o mundo tiña axencias de detectives... é que os galegos somos curiosos de carallo

Scanix O Celta dijo...

Yo nunca tuve agencia de detectives, a lo mas que llegue fue a soldado de una banda, de esos cpon fusil de asalto echo con tablas y pinzas de la ropa, es lo que tiene criarse en un cuartel de un pueblo.

PD Si subes a coruña no tienes perdon en no avisarme, sobre todo si hay copas de por medio.

acedre dijo...

Nunca pensara eu nos cambios de forma de pensar no que queremos ser de maiores.
Eu primeiro queria ser arquitecto, logo marinheiro pero de barco pesqueiro (non e broma), logo escritor e agora decatome que quero ser neno pequeno.
Saudos e disfruta as festas.