01 marzo 2005

Unha triple con queixo

Sempre me gustaron os tipos que son indiferentes a todo o que lles rodea; esa clase de tipos que non levantan a voz porque saben que non é necesario para dicir o que queren dicir, e moito menos para facerse notar.
E agora, non sei se son as catro copas que levo enriba, ou é que estou baixo mínimos porque o vento frio non chega ata a miña cama, pero podo dicir que boto de menos aos tipos como Brando.

De feito, se agora mesmo fose o meu cumpreanos, pois pediría sen ningunha dúbida sentarme nun fast food con Brando e comernos unha triple con queixo sen dirixirnos a palabra. Iso é o que máis me gustaría facer agora mesmo. En serio que si.
Pola contra, o que vou facer agora e tumbarme no sofá en canto chegue á miña casa e mirar ao meu gato aos ollos. Ultimamente el sabe ben o que me gusta máis que ninguén.
O inferno cada día é máis inferno
Saúde Brando...

1 comentario:

mariademallou dijo...

..e o ceo queda cada vez máis arriba.