01 marzo 2005

O dominio da tristeza




Hoxe tal día como onte e mesmo como mañá recorro as rúas encorvadas desta vila e observo ás mulleres tapadas como de costume construir a sua fuxida matinal.
Non hai fronteiras dende a estrada
Non hai cordas invisibles que nos unan na escapada.
Escapan do centro do mundo cara ás periferias onde o sol tal vez saia máis tarde que en ningún outro sitio do planeta.
É así... dominanos a tristeza e pouco temos que facer
Soñar tal vez e espirnos pouco a pouco, para iso non fan falta cartos, tan só pensar que estamos aquí para algo.
Sirvome outra copa e saio á fiestra.
Non sae o sol aínda, pero unha nena pequena levou un globiño á escola e berroume: "todo é comezar Suso"
E asi o fixen

No hay comentarios: