21 marzo 2005

Diario de Domingo Resacoso (O ano da Carracha)



Este sábado foi tan penoso que non merece nin a pena comentalo. Un deses sábados, xa sabedes, no que o corazón atopa a fendidura perfecta pola que fuxir e che deixa completamente na máis pura soidade. Ese tipo de soidade existencial que sempre se atopa nos lugares máis ateigados de xente.
O dito... un sábado para esquecer... e temer.
O domingo xa tiña o corazón a tantos quilómetros de distancia que non me preocupei por mirar ningún filme que merecese moito a pena; pola contra o que fixen foi observar unha gala de premios precisamente de cine, ou mellor dito e para ser máis correcto... de audiovisual, audiovisual galego... os Mestre Mateo 05.
A gala, estúpida, longa, previsible como todas as galas de entrega de premios... oscars, goyas, césars, etc... inundou o meu televisor case que tres horas no que vin todo o peor e o mellor que hai no audiovisual de este país. Desgraciadamente teño que dicir que se viu máis do peor que do mellor; por que se un filme como "o ano da carracha"... ou da garrapata... ou do carallo... é o mellor filme que se fixo en Galicia no ano pasado, case é mellor que non se faga nada máis. Actores patéticos, Director pseudo video clipeiro, montaxe de Mtv, música pufff... e moito máis. O único que se salva ou se pode salvar do peor filme que vin en moitos anos... pois aínda que pareza unha contradicción eu salvaría o guión. Pois no metraxe do filme hai algún diálogo e algunha teoría que como menos poderíamos dicir que é algo inxeniosa... dentro do espíritu friki e paria no que se move a película. Aínda así segue a ser unha das peores películas do ano con diferencia.
O resto da maldita gala tan só serviu para ver a estupidez e a falta de ridículo que existe entre os profesionais do audiovisual galego... e algunha outra que non se adica a isto.
Premios absurdos, numeros musicais absurdos, humor absurdo... e o colofón final: unha morea de premios para ese filme patético. Estes premios tamén se deberían poder declararse desertos...
O único que mereceu a pena foi que se tivera recordado a Chano Piñeiro... un dos poucos directores galegos que mereceu a pena. O resto pura parafernalia Hollywoodiense dende o sur de galicia ao resto do mundo.
Estaremos todos contentos de carallo. O próximo ano tal vez unha película titulada " As fantásticas aventuras sexuales dun universitario en compostela" sexa o filme que se leve todos os premios onde seguro que hai magníficas interpretaciones como houbo, claro está, no ano da carracha.
Parabens aos gañadores.
Terei que deixar de ver cine por un tempo e voltar a iso da literatura... aínda que sexa barata.
Mellor sorte a proxima vez Rubín... seguro que será algo grande.

No hay comentarios: