22 abril 2005

As Poucas Rúas da Cidade que nos viron amarnos

A Noe..
Porque a tristeza do reloxo viu as pegadas de suor e sono que fomos deixando entre as sábanas. Nin ti nin eu sabiamos cal era o paso entre o fermento e a pasión. Por iso saimos xa de madrugada fría a recorrer as poucas rúas da cidade que nos viron amarnos.
E non había ninguén na escuridade que poidéramos ver con claridade, agás a ausencia do taberneiro da esquina, coa camisa lixada de viño e nos ollos o abuso a sua nena pequena nas noites de tormenta, e o leite callado mentras a súa muller soñaba e respiraba con heroes ausentes no campo de batalla.
Tamén observamos a angustia entrecortada da moza loira do supermercado que perdeu os soños entre os lácteos e a pescadería, aqueles de cantante de moda na Joy Slava da movida, e que tivo que abandonar por aviso de desaucio.
Aínda que ao virar a Praza Real, sempre viamos polos cafés elegantes a aquel mozo de ollos tan tristes que quería comer o bocado máis grande do mundo e poder tocar algún día no Charlie`s en Alvarado Street, e que agora non é máis que a sombra do que podería chegar a ser.

E se andabamos un pouco máis, víamos tamén a aquela moza tan ben feita que nunca sonría completamente, nin choraba acertadamente; que esqueceu a voz xa perdida entre as ondas e as antenas por un amor equivocado.
Así que para cando chegamos ao fin da cidade, miramos atrás e entre a néboa das primeiras horas da mañá, vimos como se confundían todos os soños e as miserias dos habitantes... e incluso os nosos... pero daquela xa estabamos moi lonxe.

2 comentarios:

From Hell dijo...

gracias Davi... xa había tempo que non tiña novas tuas por este blog.
Saúde sempre en todas as noites da alma...

Scanix O Celta dijo...

moi bo meu consigliere, triste o de mirar nos ollos da xente por que se ven as suas miserias, pero que moi bo